jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O luns continuarán as chuvias en Compostela

O luns continuarán as chuvias en Compostela
O luns continuarán as chuvias en Compostela

As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos

O luns Galicia queda na influencia dos ventos de compoñente norte que deixarán unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos intermitentes máis frecuentes canto máis ó norte. A cota de neve baixará durante a tarde ata os 1400 metros, de xeito que algún chuvasco nas cotas máis altas poderá ser en forma de neve. 

As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. O vento soprará do norte, frouxos en xeral, con intervalos de moderado na costa.

En Compostela prevense ceos con nubes e claros con posibilidad de choiva sobre todo contra o mediodía e a tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios. No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.

Comentarios
Lo más