Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei poñen en escena “Papar sen cancelas” en Lousame
Unha actuación recomendada para persoas maiores de 12 anos e de acceso totalmente libre e de balde
O auditorio da Casa da Cultura de Lousame acolle este domingo 20 de outubro, ás 19:00 horas, a posta en escena da comedia teatral “Papar sen cancelas”, protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei. Unha actuación recomendada para persoas maiores de 12 anos e de acceso totalmente libre e de balde .
“Papar sen cancelas” é un espectáculo de comedia, clown e improvisación dirixido por Diego Rey. Durante 75 minutos, polo escenario lousamiá desfilará unha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da lingua galega. Risco, Brandariz e Rei, a modo de tres particulares chef, encargaranse de preparar un menú especial para personaxes do máis distinguido do panorama galego actual.
A actuación está organizada polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.