jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Medicina e Odontoloxía celebrou a festividade do seu patrón San Lucas

Medicina e Odontoloxía celebrou a festividade do seu patrón San Lucas
Medicina e Odontoloxía celebrou a festividade do seu patrón San Lucas

O acto serviu para facer entrega das Placas Honoríficas da Facultade aos profesores xubilados durante o curso 2018-2019



O vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, presidiu este venres os actos conmemorativos da festividade de San Lucas, patrón da Facultade de Medicina. O salón de actos do centro acolleu esta celebración dedicada a todos os profesores xubilados pola súa implicación na formación dos profesionais sanitarios, en xeral, e dos médicos en particular.

José Luis Bello, profesor da Facultade, pronunciou a lección maxistral ‘Terapia con linfocitos CAR-T’. A continuación, fíxose entrega das Placas Honoríficas da Facultade de Medicina e Odontoloxía aos profesores xubilados durante o curso 2018-2019, Felipe Casanueva Freijo, Alfonso Castro García, José Miguel Couselo Sánchez, Manuel Martínez Pérez, Mª del Carmen Masa Vázquez, Eugenio Pérez Becerra


Comentarios
Lo más