Román Rodríguez presenta en Padrón a aplicación "Creando consciencia coa Pedronía"
A iniciativa, denominada Creando consciencia coa Pedronía, e promovido polo Concello de Padrón está incluída dentro do programa O teu Xacobeo
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou onte o vínculo de Padrón coa tradición xacobea na presentación dunha aplicación web. A iniciativa, denominada Creando consciencia coa Pedronía, e promovido polo Concello de Padrón está incluída dentro do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta e busca potenciar a riqueza patrimonial da vila coruñesa e a súa comarca.
Este proxecto permitirá poñer en valor a riqueza das lendas e tradicións da zona, así como o patrimonio inmaterial vinculado ao Camiño de Santiago nesta vila coruñesa, pola que chegou a Galicia o corpo do Apóstolo. Román Rodríguez destacou que este tipo de iniciativas, achegadas desde a sociedade, reflicten o carácter participativo do próximo Xacobeo 21 e permiten xerar novos produtos turísticos e culturais a nivel local para poñer en valor o vindeiro Ano Santo.