jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Piden a instalación dunha pista de xeo na Quintana e na parcela do Peleteiro

Piden a instalación dunha pista de xeo na Quintana e na parcela do Peleteiro
Piden a instalación dunha pista de xeo na Quintana e na parcela do Peleteiro

A fin de manter o equilibrio na dinamización comercial das dúas grandes áreas de consumo da cidade, os Populares propoñen tamén que se estude a instalación dunha pista na parcela de Peleteiro

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, presentou onte, en rolda de prensa, con carácter excepcional, a proposta de instalación dunha pista de patinaxe na Quintana durante o Nadal, para os nenos de Santiago e as súas familias. Sánchez-Brunete subliñou que, a fin de manter o equilibrio na dinamización comercial das dúas grandes áreas de consumo da cidade, o seu grupo tamén propón que se estude a colocación doutra pista na parcela do vello colexio Peleteiro.

Para elo, os Populares presentarán unha moción neste sentido no vindeiro Pleno ordinario, na que propoñen que, con carácter excepcional e durante un período menor do habitual, se promova a citada instalación nesta praza, asegurando nas prescricións técnicas o menor impacto visual da mesma.

O Grupo Municipal Popular considera que se poden estudar posibilidades orzamentarias para que as instalacións non respondan a unha autorización vinculada a unha explotación comercial, senón que poidan ser sufragadas directamente polo Concello.

Así mesmo, os Populares propoñen, ademais, vincular este elemento cunha iniciativa didáctica, dirixida a escolares e a familias, que sirva para dar a coñecer o valor da historia e do urbanismo da cidade histórica e da zona nova.

O Partido Popular subscribe a necesidade de limitar as instalacións na cidade histórica, pero solicita que, entre as varias excepcións que se producen cada ano, se inclúa este Nadal a da pista de xeo.

Para os Populares é incuestionable o necesario coidado da paisaxe urbana e dos espazos merecentes de protección patrimonial, sobre todo, no ámbito da cidade histórica, pero, neste momento, “o debate non é si se debe autorizar ou non unha pista de xeo na Quintana, o debate é si se debe autorizar ao igual que se autorizan outras instalacións de menor utilidade ou aceptación social”, subliñou.

Para Sánchez-Brunete, unha autorización excepcional e limitada temporalmente a unhas cantas semanas, suporía “darlle a oportunidade ás familias santiaguesas de reencontrarse coa cidade histórica e de vivir un tempo entrañable nun espazo entrañable, sen maiores agobios turísticos”. 

Antecedentes

Cabe destacar que, no ano 2011, o Goberno municipal autorizou a instalación dunha pista de patinaxe sobre xeo na propia cidade, concretamente na Praza da Quintana, decisión que foi aplaudida por moitísimos veciños e familias. 

Tras esa primeira experiencia no Casco Histórico, esta instalación mantívose no centro da cidade, pero xa na Alameda, ao considerarse un punto neutral en orde á dinamización de dúas grandes áreas comerciais da cidade como son a Zona Vella e o Ensanche; ubicación na Alameda que xa non se producirá este ano 2019, segundo declaración do propio alcalde

Comentarios
Lo más