jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Noia convoca un curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas

Noia convoca un curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas
Noia convoca un curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas

Impartido por especialistas da Federación Galega de Loita, terá lugar os sábados 9 e 16 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, no ximnasio do IES Campo de San Alberto

O Concello de Noia, a través do Centro de Información á Muller, organiza un curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, que será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. As veciñas de Noia interesadas en participar deberán anotarse previamente no CIM de Noia (edificio de Servizos Sociais, Rúa do Curro, nº 4).

O curso terá lugar os sábados 9 e 16 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no ximnasio do IES Campo de San Alberto. Durante esas oito horas, as alumnas aprenderán non só técnicas de autodefensa, senón tamén como reaccionar psicoloxicamente diante de situacións de violencia.

O curso está organizado pola Concellería de Igualdade, que dirixe Marisol Villar, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade, do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, da Federación Galega de Loita e da Academia Galega de Seguridade Pública.

Comentarios
Lo más