jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Santiago acolle a Mostra ES PopUp, na Praza Roxa

Santiago acolle a Mostra ES PopUp, na Praza Roxa
Santiago acolle a Mostra ES PopUp, na Praza Roxa

Os días 17, 18 e 19 de outubro oito emprendedores achegarán os seus produtos e servizos ó público nun espazo comercial aberto en Santiago de Compostela

A Consellería de Economía, Emprego e Industria celebra en Santiago de Compostela unha nova edición dos espazos efémeros de emprendemento de economía social ES PopUp. Os días 17, 18 e 19 de outubro a Praza Roxa da capital galega acollerá a Mostra de Economía Social na que participarán oito proxectos empresariais. 

Produtos de cosmética natural e alimentación, prendas de roupa ou empresas vinculadas co turismo. Estes son só algúns dos produtos e servizos que o público vai atopar neste espazo comercial instalado durante 3 xornadas na capital galega. Paralelamente, a Mostra de Economía Social inclúe varias actividades culturais, de balde, dirixidas a tódolos públicos. 

A apertura da mostra terá lugar o xoves, 17 de outubro, ás 17:00 horas. Esa mesma tarde haberá un concerto a cargo do brasileño Paulo Silva e do galego Carlos Gil.

Por outra parte, neste espazo comercial haberá sorpresas para os máis pequenos da casa da man do contacontos Anxo Moure. Tamén se impartirán obradoiros de fotografía, de oratoria e de intelixencia.


Comentarios
Lo más