miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un autobús atropela a unha persoa na Coruña

Un autobús atropela a unha persoa na Coruña
Un autobús atropela a unha persoa na Coruña

O accidente sucedeu ao fío das 21:15 horas, na Ronda de Outeiro

Unha persoa resultou ferida a pasada tarde na Coruña tras ser atropelada por un autobús de liña regular. Segundo os datos facilitados pola Policía Local ao 112 Galicia, o home tivo que ser trasladado, en estado grave, ao Hospital Universitario da Coruña.

O accidente sucedeu ao fío das 21:15 horas, na Ronda de Outeiro, á altura do cruce coa Avenida de Finisterre. Nese momento, o propio condutor do vehículo contactaba co 112 Galicia para alertar do atropelo.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros da Coruña e dos membros da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más