jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Milladoiro acollerá entre 18 e 26 de outubro o III Torneo Macía Pádel

Milladoiro acollerá entre 18 e 26 de outubro o III Torneo Macía Pádel
Milladoiro acollerá entre 18 e 26 de outubro o III Torneo Macía Pádel

Trátase dun evento organizado por 2mas tenis y padel e patrocinado por Centro Dental Macía que en anos pasados congregou a máis de 250 participantes e que este ano repartirá máis de 3.000 euros en premios

Do 18 ao 26 de outubro celebrarase nas instalacións do Club de Padel Squash Santiago (Milladoiro) a terceira edición do Torneo Macía Pádel Santiago, un evento organizado por 2mas tenis y padel e patrocinado por Centro Dental Macía que en anos pasados congregou a máis de 250 participantes e que este ano repartirá máis de 3.000 euros en premios.

O torneo estase convertendo nun dos referentes de Santiago de Compostela. A principal novidade para este ano é a inclusión dentro do torneo das categorías de 2ª e 3ª de pais e fillos sub 15, ademais da 1ª, 2ª, 3ª, 4ª (iniciación) masculina e feminina e 2ª, 3ª mixta.

En canto á distribución dos premios, as categorías 1ª e 2ª contarán con premios en metálico e, no resto das categorías haberá xamóns para os gañadores, ademais de smartwatch e material deportivo para os subcampións.

As inscricións, abertas a todo mundo sen necesidade de estar federados, están abertas ata o martes 15 de outubro ás 23.00 horas, e poden realizarse a través da páxina web www.mistorneosonline.es.

A cota de inscrición é de 17 euros para unha categoría, 30 euros para dúas categorías e 40 euros para tres categorías (todas elas inclúen seguro de accidentes). O pago da mesma deberá realizarse antes de xogar o seu primeiro partido nas instalacións do club organizador. Todos os inscritos serán agasallados con suadoiros do torneo.

A final disputarase o 26 de outubro, día no que ademais de repartirse os premios entre os gañadores, realizarase un gran sorteo con agasallos para todos os participantes.

Comentarios
Lo más