miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Regresa o Club de Lectura do Ateneo de Santiago

Regresa o Club de Lectura do Ateneo de Santiago
Regresa o Club de Lectura do Ateneo de Santiago

Este proxecto inicia o seu sexto ano consecutivo de andadura, buscando “fomentar, estimular e compartir” a paixón pola lectura 

O Ateneo de Santiago acollerá a partir de hoxe un ano máis unha das súas actividades principais e máis enriquecedoras, o Club de Lectura, que permitirá coñecer, redescubrir e debater diferentes títulos da Literatura, achegando o elemento diferenciado de compartir as impresións dun libro con outros lectores. 

O Club de Lectura encara o seu sexto ano, buscando fomentar, activar e estimular a lectura activa de títulos, ademais de “potenciar o acto de ler ao unir a dimensión privada e íntima coa dimensión pública que implica a escoita, a discusión e a comparación doutras sensibilidades e puntos de vista”.

PRESENZA DA LITERATURA GALEGA

As lecturas a ler e comentar adoitan ser de narrativa e os seus diferentes subxéneros, xa que é “o que máis favorece o comentario dos participantes”. Os idiomas son o galego e o castelán, con obras contemporáneas e clásicas e presenza de títulos de autores de Galicia. 

Os membros inscritos reúnense dous martes ao mes na Biblioteca do Ateneo en horario de 17.30 horas a 19.00 horas, nun proxecto que manterá a listaxe de agarda aberta ata o próximo mes de xuño, data en que rematará a actividade.

Comentarios
Lo más