jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Rescatan a dúas persoas que quedaron atrapadas nun coche ao envorcar nun accidente en Vigo

Rescatan a dúas persoas que quedaron atrapadas nun coche ao envorcar nun accidente en Vigo
Rescatan a dúas persoas que quedaron atrapadas nun coche ao envorcar nun accidente en Vigo

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 8:15 horas de hoxe mediante as diversas chamadas de condutores alertados pola situación na que quedou o turismo, completamente virado e coas rodas para arriba

Dúas persoas tiveron que ser rescatadas do interior do coche no que quedaron atrapadas despois de envorcar na saída do Túnel de Bouzas, en Vigo.

Cando lograron sacalos do vehículo, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron aos feridos ao Hospiral Álvaro Cunqueiro.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 8:15 horas de hoxe mediante as diversas chamadas de condutores alertados pola situación na que quedou o turismo, completamente virado e coas rodas para arriba. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, avisouse aos Bombeiros de Vigo para liberar ás dúas persoas atrapadas no interior do coche e con diversas lesións das que serán tratadas no Hospital Álvaro Cunqueiro, a onde foron evacuadas por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ademais, neste operativo foi necesaria a colaboración dos axentes da Policía Local co fin de facilitar a actuación dos servizos de emerxencias e dos equipos médicos.

Comentarios
Lo más