miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa ferida nun accidente no que se viron implicados tres vehículos na AG-56

Unha persoa ferida nun accidente no que se viron implicados tres vehículos na AG-56
Unha persoa ferida nun accidente no que se viron implicados tres vehículos na AG-56

Foi necesaria a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido ás lesións que presentaba un dos ocupantes

Esta mañá produciuse un accidente na AG-56, en Santiago, no que se viron implicados tres vehículos e no que resultou ferida unha persoa. 

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o choque produciuse ás 8:34 horas de hoxe e foi necesaria a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido ás lesións que presentaba un dos ocupantes.

Ao lugar tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e un equipo da Axencia Galega de Infraestrutura para a retirada dos restos provocados polo impacto. 

Debido ao accidente producíronse grandes atascos na autovía o que fixo moi complicada a entrada na cidade nunha vía, a de A Rocha, na que se produciu outro accidente.

Comentarios
Lo más