Comezan a venderse as viaxes do Imserso
Desde este luns en moitas comunidades e dende o mércores en Galicia
As axencias de viaxes comezarán este luns a vende do programa de turismo social do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) en sete comunidades autonómas e o 16, mércores, no resto de España incluída Galicia.
Nas compras que se realicen entre o martes e o venres próximos, a saída da viaxe deberá ser necesariamente desde a provincia de residencia do usuario. Desde o 19 de outubro e durante toda a temporada, as persoas acreditadas no programa poderán reservar viaxes ao destino que desexen, na costa peninsular ou insular e turismo de interior, e con saída desde calquera provincia.
O programa ofrece 900.000 prazas en toda España e nel participan uns 300 hoteis. Ofrece plaza para viaxar a destinos da costa penínsular de 15, 10 e 8 días, en Andalucía,Murcia, Comunidade Valenciana e Cataluña; e da costa insular, en Canarias e Baleares, así como a zonas do interior, con estancias de 4,5 e 6 días. Os prezos varían en función do destino e estancia entre os 610 euros dos viaxes combinados de 15 días a Canarias e os 114,50 euros dos de capitales de provincia de catro días