miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Evacúan a un motorista en helicópetero despois de choca contra un camión

Evacúan a un motorista en helicópetero despois de choca contra un camión
Evacúan a un motorista en helicópetero despois de choca contra un camión

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa particular

Unha colisión entre unha moto e un camión rematou cun ferido trasladado en helicóptero ao mediodía de onte no concello pontevedrés de Valga. O accidente ocorreu ao fío das 13:00 horas na PO-548, á altura do punto quilométrico  3.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa particular. No seu relato, o alertante solicitaba axuda para un motorista ferido despois de colidir o seu vehículo contra un camión mentres circulaba pola parroquia de Cordeiro.

De inmediato, desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron a aeronave medicalizada con base en Santiago para trasladar o ferido ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros do Salnés, dos membros do GES de Valga, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, dos efectivos de Protección Civil e do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios
Lo más