jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Comeza a chegada dunha fronte activa a finais da tarde

Comeza a chegada dunha fronte activa a finais da tarde
Comeza a chegada dunha fronte activa a finais da tarde

En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 19ºC

O sábado Galicia irá perdendo a influencia anticiclónica, agardando unha fronte que chegará xa o domingo. 

Así nas provincias atlánticas predominarán as nubes baixas, coa posibilidade dalgúns orballos, mentres que no resto os ceos alternarán nubes con momentos de grandes claros. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso pero as máximas baixarán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 19ºC.

O vento soprará de compoñente sur, comezando frouxo e rematando a xornada con intervalos fortes no litoral atlántico.

Comentarios
Lo más