jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Brunete presentou onte unha proposta para o Goberno Local contra a problemática do ruído nocturno

Brunete presentou onte unha proposta para o Goberno Local contra a problemática do ruído nocturno
Brunete presentou onte unha proposta para o Goberno Local contra a problemática do ruído nocturno

Este Plan trataría de dar resposta a un problema “que non é un problema máis, é un problema maior que afecta a dereitos fundamentais de non poucos veciños”. Afecta ao dereito a inviolabilidade acústica dos domicilios, a saúde, e ao dereito a propiedade -toda vez que o ruído nocturno produce tamén unha desvalorización das vivendas-

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, ofreceu onte unha rolda de prensa na que presentou unha proposta para a elaboración dun Plan Municipal Integral contra o ruído nocturno, cos obxectivos principais de tratar as causas e paliar os seus efectos, un problema que “non é un problema máis, é un problema maior que afecta aos dereitos fundamentais de non poucos veciños” Afecta ao dereito a inviolabilidade acústica dos domicilios, a saúde e ao dereito a propiedade -toda vez que o ruído nocturno produce tamén unha desvalorización das vivendas-.

En primeiro lugar, o Plan incluiría medidas para coñecer o verdadeiro alcance do problema; medidas tales como elaborar un rexistro de chamadas á Policía Local -a fin de coñecer a extensión e recorrencia do problema-; a elaboración de enquisas –toda vez que moitos afectados, resignados, xa non chaman a Policía-; e a elaboración dun Mapa de Ruídos e así como unha mellora na dotación de mecanismos de medición acústica.

En segundo lugar, o Plan contería medidas para tratar as causas, como plans específicos de inspección e actuación; campañas de concienciación máis ambiciosas; revisión da normativa -como, entre outros, o Decreto de Zonas acusticamente saturadas- ; tramitación preferente duns expedientes que afectan aos dereitos fundamentais e seguimento dos expedientes sancionadores -a fin de evitar a impunidade das condutas más incívicas ou as dos reincidentes-

Por último, o Plan incluirá a posibilidade de que a Administración asumise a súa responsabilidade patrimonial -polo dano que a súa inactividade xera nos veciños- ou de que estableza bonificacións fiscais no I.B.I a vivendas desvalorizadas polo ruído nocturno.

Problema politicamente silenciado

Na súa intervención, o voceiro Popular destacou que o ruído nocturno leva anos politicamente silenciado en Santiago e, o Partido Popular quere ofrecer “unha voz para acalar o ruído e protexer á veciñanza”, xa que falamos de dramas como o dunha muller que se ten que medicar ou o dunha rapaza que ten que trasladar o seu colchón á cociña para poder durmir, posto que “o ruído xera un sufrimento silencioso, un sufrimento esquecido polos responsables municipais, e nós queremos que o Concello se lembre das persoas que o sofren”.

Como indicou o voceiro Popular, “non se trata dun asunto calquera, posto que afecta aos dereitos fundamentais como a inviolabilidade domiciliaria, á saúde e ao patrimonio das familias que vén como este problema desvaloriza as súas vivendas”.

Finalmente, Alejandro Sánchez-Brunete destacou que con este Plan “queremos ser a voz dos veciños esquecidos e o apoio para os que sofren o ruído nocturno”.

Comentarios
Lo más