O sistema dixital dos comedores escolares comezará a funcionar o vindeiro 15 de outubro
Co inicio do curso o funcionamento dos comedores escolares comezaron con novidades que se implantarán a vindeira semana: unha aplicación para coñecer se os nenos comeron todas as comidas no comedor
Co inicio do curso o funcionamento dos comedores escolares comezaron con novidades que se implantarán a vindeira semana: unha aplicación para coñecer se os nenos comeron todas as comidas no comedor.
Todos os anos o concello de Ames repartía unha axenda para facer un seguimento dos rapaces pero este ano, tal como explica David Santomil, concelleiro de Educación, "apostouse pola administración electrónica que se vai implantando".
Esta aplicación fará o mesmo servizo que a axenda pero de unha maneira telemática, para aforrar tempo e "non gastar tanto papel".
Santomil aclara que o vindeiro 15 de outubro entrará en funcionamento a aplicación pola que os pais e nais poderán seguir o comportamento dos seus fillos no comedor