jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

As rapazas do Victoria FC quere volver a triunfar en Santa Isabel

As rapazas do Victoria FC quere volver a triunfar en Santa Isabel
As rapazas do Victoria FC quere volver a triunfar en Santa Isabel

O rival deste domingo chega a Santiago tras celebralo seu primer triunfo do curso a costa do Sporting B (2-1) pois antes sumara dous empates ante o Atlético Arousana (3-3) e o Umia (1-1)

Nova cita na 1.ª División Nacional para as rapazas do Victoria F.C. que este domingo, dende as 12:00 horas, de novo no campo Municipal de Santa Isabel, buscarán un triunfo que se lles resiste nas últimas dúas xornadas. O conxunto compostelá segue con problemas de lesións e, a baixa segura de Ánxela por unha escordadura de nocello que sufriu no encontro fronte ao Sárdoma, une as dúbidas ata última hora de Inés e de Carmen.

Quinto na táboa con dúas victorias, un empate e unha derrota, o conxunto santiagués mantén a calma sabedor de que o seu xogo e actitude son as correctas nunha competición tan disputada. "As xogadoras están tranquilas, entenden que nos partidos ata o de agora foron superiores aos demáis rivais e que só lles falta a sorte do gol. Estamos a traballar esta semana para conseguilo e voltar á senda das victorias", afirma o seu adestrador, Chivi García.

O rival deste domingo chega a Santiago tras celebralo seu primer triunfo do curso a costa do Sporting B (2-1) pois antes sumara dous empates ante o Atlético Arousana (3-3) e o Umia (1-1) e caeu con contundencia fronte ao Deportivo B (8-0). "É un equipo moi físico. Ten algunha xogadora na parte ofensiva con moita calidade e ficharon tamén a algunha do Racing de Santander. Será un equipo moi duro de batir", engade o técnico compostelá.

Para Chivi García a clave para sumalos 3 puntos será "circular moi rápido o balón e aproveitalo factor campo". "Non podemos deixar que fagan cortes do xogo continuados. Se temos o balón en Santa Isabel atoparemos os espazos para chegar arriba e poder finalizalas xogadas", detalle e engade: "Ogallá poidamos marcar xa ese gol que se está a resistir nas dúas derradeiras xornadas".

Comentarios
Lo más