miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arde un galpón en Pereiro de Aguiar

Arde un galpón en Pereiro de Aguiar
Arde un galpón en Pereiro de Aguiar

Nada máis recibir a chamada de alerta dun veciño próximo ao lugar, ás 02:15 horas deste venres, no que indicaba que estaba a arder o galpón

Os servizos de emerxencias desprazáronse esta madrugada para sufocar un incendio declarado no interior dun alpendre anexo a unha vivenda situada na parroquia de A Granxa, no Pereiro de Aguiar.

Nada máis recibir a chamada de alerta dun veciño próximo ao lugar, ás 02:15 horas deste venres, no que indicaba que estaba a arder o galpón, o 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de San Cibrao que se desprazaron ato o punto. Do mesmo xeito, efectivos da Garda Civil e membros do GES da localidade tamén foron informados da situación.

Segundo confirmaron os efectivos do servizo de extinción ao 112 Galicia, o incendio calcinou por completo un alpendre e non afectou a ningunha persoa, ademais, ningunha vivenda próxima se viu danada polas lapas.

Comentarios
Lo más