jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Rescatan a unha muller no interior do seu vehículo ao caer no peirao do porto de Bouzas, en Vigo

Rescatan a unha muller no interior do seu vehículo ao caer no peirao do porto de Bouzas, en Vigo
Rescatan a unha muller no interior do seu vehículo ao caer no peirao do porto de Bouzas, en Vigo

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 22:15 horas da pasada noite a través da chamada de alerta dunha persoa particular.

Os servizos de emerxencias rescataron a unha muller do interior do seu vehículo tras caer co seu coche no peirao comercial de Bouzas, en Vigo.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 22:15 horas da pasada noite a través da chamada de alerta dunha persoa particular. Indicaba que no interior do mesmo atopábase unha rapaza.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia pediu a colaboración do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo e dos axentes da Garda Civil.

Ademais, os feitos puxéronse en coñecemento dos membros da Policía Local e de persoal da Autoridade Portuaria de Vigo que colaboraron cos servizos desprazados localizando a ubicación exacta do sinistro a través do sistema de videovixilancia do Porto.

Finalmente, unha vez en terra e atendida polo persoal sanitario a muller foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Comentarios
Lo más