miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Atopan a unha muller que desapareceu onte en Forcarei

Atopan a unha muller que desapareceu onte en Forcarei
Atopan a unha muller que desapareceu onte en Forcarei

A muller foi encontrada ao fío das 1:00 horas a catrocentos metros da súa vivenda, no lugar de Alfonsín, na parroquia de Santa Mariña de Presqueiras

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) colaborou a pasada noite nun operativo de busca, coordinado pola Garda Civil, dunha muller de idade avanzada que desaparecera onte en Forcarei e que foi localizada pola cámara térmica dunha das aeronaves non tripuladas.

A muller foi encontrada ao fío das 1:00 horas a catrocentos metros da súa vivenda, no lugar de Alfonsín, na parroquia de Santa Mariña de Presqueiras e, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, tivo que ser trasladada ao Hospital Montecelo de Pontevedra.

O 112 Galicia recibiu o aviso da súa desaparición ás 19:45 horas da pasada tarde a través dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Forcarei.

A partir de aí activouse un operativo no que participaron, ademais, os voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e a unidade de cans de rescate da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón.

Comentarios
Lo más