Protección Civil de Oroso conta cun novo remolque
09:45 11/10/19
09:45 11/10/19
O remolque conta con material para actuar en caso de inundacións, desbrozadora e elementos de luminación e sinalización, entre outro material
Tras a solicitude realizada polo Concello de Oroso, a Agrupación Local de Protección Civil conta cun novo remolque para facer o seu traballo diario.
O remolque conta con material para actuar en caso de inundacións, desbrozadora e elementos de luminación e sinalización, entre outro material. Emerxencias Galicia, cunha subvención de fondos Feder, adquiriu varios remolques e un deles chegou hoxe a Protección Civil de Oroso.
“A agrupación fai un gran traballo de servizo aos veciños e veciñas, pero sempre é necesario mellorar e renovar o material”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.