Brión acolle hoxe o espectáculo “O neno que quería ser mago”, de Javier Muro
Javier Muro mestura maxia e fantasía para facer desfrutar aos nenos e nenas dun rato moi agradable, ao tempo que tenta espertar neles o interese pola lectura
A sala municipal de exposicións de Brión acollerá hoxe venres 11 de outubro, ás 18:00 horas, o espectáculo de maxia “O neno que quería ser mago”, de Javier Muro. Un espectáculo que ten o formato de contacontos pero co valor engadido de estar ilustrado con maxia, xa que ao longo da representación se van sucedendo efectos máxicos relacionados coa historia que se está a narrar.
Así, Javier Muro mestura maxia e fantasía para facer desfrutar aos nenos e nenas dun rato moi agradable, ao tempo que tenta espertar neles o interese pola lectura. A entrada é totalmente libre e de balde, ata completar o aforo. Esta actuación está incluída no “Outono Cultural 2019”, un programa cultural organizado polo Concello de Brión e que conta co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña, da Rede de Dinamización Lingüística e do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.