jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Familias de Lousame participan nas xornadas formativas “Navegando en familia”

Familias de Lousame participan nas xornadas formativas “Navegando en familia”
Familias de Lousame participan nas xornadas formativas “Navegando en familia”

A próxima sesión terá lugar o martes 22 de outubro, ás 17:20 horas, no colexio lousamiá

Varias familias lousamiás, con fillos e fillas entre 5º de Primaria e 4º da ESO, participaron na primeira das seis sesións das xornadas formativas “Navegando en Familia”, organizadas polo Concello de Lousame en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. A próxima sesión terá lugar o martes 22 de outubro, ás 17:20 horas, no colexio lousamiá. 

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “durante a primeira xornada falamos sobre como mellorar a comunicación na familia e os problemas que xorden coa chegada da adolescencia. Dentro de dúas semanas abordaremos a importancia de acordar unhas normas e uns límites cos nosos fillos e fillas”. “Navegando en familia” é unha iniciativa formativa organizada ao abeiro do “Programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero”, que conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade e do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.


Comentarios
Lo más