miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Soledad Felloza actuará hoxe en Brión co espectáculo "Bolboretas"

Soledad Felloza actuará hoxe en Brión co espectáculo "Bolboretas"
Soledad Felloza actuará hoxe en Brión co espectáculo "Bolboretas"

Partindo cun baúl cheo de recordos, durante cincuenta minutos Soledad Fellozas compartirá cos pequenos historias de nenas e mulleres bolboretas, persoas que voan moi alto

A sala municipal de exposicións de Brión acollerá hoxe xoves 10 de outubro, ás 19:00 horas, o espectáculo “Bolboretas”, de Soledad Felloza. Unha actuación na que esta narradora oral achegará os seus contos sobre igualdade ao público infantil de Brión, preferentemente a partir dos 4 anos.

Partindo cun baúl cheo de recordos, durante cincuenta minutos Soledad Fellozas compartirá cos pequenos historias de nenas e mulleres bolboretas, persoas que voan moi alto. A entrada é totalmente libre e de balde, ata completar o aforo. 

Esta actuación está incluída no “Outono Cultural 2019”, un programa cultural organizado polo Concello de Brión e que conta co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña, da Rede de Dinamización Lingüística e do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia. 

Comentarios
Lo más