Xornada soleada en Compostela
08:00 10/10/19
08:00 10/10/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima ata os 22ºC
As altas presións situaranse entre Azores e a península Ibérica polo que a estabilidade será a nota predominante.
Deste xeito amenceremos con néboas en puntos do interior e algunhas nubes baixas no litoral noroeste, pero co paso das horas os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados en toda a Comunidade.
As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, pero as máximas tenderán a ascender. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima ata os 22ºC.
Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, tomando unha compoñente norte pola tarde.