jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Chega unha fronte fría a Compostela

Chega unha fronte fría a Compostela
Chega unha fronte fría a Compostela

A temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 19ºC

O martes unha fronte fría chegará a Galicia e ao seu paso deixará moi pouca precipitación, pero traerá aire frío que irá entrando de norte a sur co avance do día. 

Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvias máis probables na provincia da Coruña pola mañá que se estenderán de forma puntual a outros puntos á tarde. 

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas sufrirán un descenso máis acusado na metade norte. A temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima os 19ºC.

O vento soprará frouxo; comezará o día de compoñente sur e co paso da fronte cambiará a compoñente norte.

Comentarios
Lo más