Primeira reunión de traballo da Xunta Xestora do PP de Santiago
Durante este encontro ao que asistiron Alejandro Sánchez Brunete, Rosa Quintana, Marta González, Paula Prado e Evaristo Ben, o responsable do PP santiagués deu conta das liñas principais que está levando a cabo desde que hai quince días tomara o mando da agrupación
A Xunta Xestora do Partido Popular de Santiago, presidida por Borja Verea, mantivo hoxe a súa primeira reunión de traballo. Durante este encontro ao que asistiron Alejandro Sánchez Brunete, Rosa Quintana, Marta González, Paula Prado e Evaristo Ben, o responsable do PP santiagués deu conta das liñas principais que está levando a cabo desde que hai quince días tomara o mando da agrupación.
Verea destacou que, neste momento, o partido está centrado en traballar para facer fronte aos retos electorais que se presentan e acadar o obxectivo de que o PP de Santiago volva a ser a primeira forza electoral da cidade.
Remarcou que hai por diante “un longo período electoral, cuns comicios xerais nun mes e, a continuación, unhas eleccións autonómicas, polo que é imprescindible traballar todos xuntos cos obxectivos claros”.
Borja Verea subliñou que a Xunta Xestora está traballando desde o primeiro minuto en “escoitar a todos o co fin de concretar a dispoñibilidade da xente para empezar xa a ampliar os equipos de traballo de cara ás eleccións”.
Así mesmo, o responsable dos Populares composteláns subliñou que o PP de Santiago quere seguir a ser un espazo para o encontro dos seus afiliados, simpatizantes e de todos aqueles veciños que teñan inquedanzas pola súa cidade e queiran incorporarse ao novo proxecto.
Finalmente, informou da súa reunión co voceiro municipal, Alejandro Sánchez Brunete, e o resto de concelleiros, na que lles trasladou que “o grupo municipal é a bandeira do partido en Santiago e todos os concelleiros deben ter un gran protagonismo, posto que son os representantes do partido no Concello e os lexítimos representantes dos veciños e veciñas de Santiago”.