Santiago contará con 4 novos aparcadoiros disuarios de cara a 2021
Catro zona conectadas co centro da cidade por autobuses
O alcalde, Sánchez Bugallo, anunciou a intención de crear catro novos aparcadoiros disuasorios de bordo, conectados ao centro de Santiago por transporte público, nas entradas principais da cidade dende as catro provincias.
Se ben aínda non comezou a súa construcción si están decididos os seus emprazamentos. No caso da entrada dende A Coruña, está previsto construír un "amplo estacionamento" nunha parcela municipal en Amio. Indicou que se vai encargar o anteproxecto e buscar vías de financiamento. Sobre as outras tres entradas á cidade, estanse estudando as posibles ubicacións, xa que "non hai dispoñibilidade de grandes espazos".
A medida foi anunciada trala reunión do alcalde de Santiago coa xefa provincial de Tráfico da Coruña, Victoria Gómez Dobarro. Na xuntanza tamén participaron o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, integrantes da Xefatura e responsables da Policía Local de Santiago