O PP denuncia que Bugallo acumula retrasos no pago a provedores
O Período Medio de Pago (PMP) a provedores por parte do Goberno do PSdG chegou aos 69,10 días en xullo; no mes de agosto chegaron a 66,09 días; e o PMP do mes de agosto alcanzou os 101,55 días, o que supón un claro incumprimento
O Grupo Municipal Popular denuncia que novo Goberno municipal segue acumulando retrasos o que supón "un inconvinte, sobre todo, para os propietarios das pequenas empresas e os seus traballadores". Os populares aseguran que xa denunciaran tamén ese incumplimento no madato de CA e din que eles cumprírono sempre.
O grupo popular apunta que o Período Medio de Pago (PMP) a provedores por parte do Goberno do PSdG chegou aos 69,10 días; no mes de agosto chegaron a 66,09 días; e o PMP do mes de agosto alcanzou os 101,55 días, o que supón un claro incumprimento.