Día soleado, noite chuviosa en Compostela
As temperaturas oscilarán dos 12 aos 20 graos
O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións á espera da chegada dunha fronte pouco activa durante a noite do sábado ó domingo.
Así, comezaremos o día con intervalos de nubes baixas e néboas e co avance das horas iranse abrindo grandes claros, quedando unha tarde de ceos despexados no leste e alternancia de nubes e claros no oeste. Á noite volveranse a cubrir os ceos, con chuvias máis probables na metade norte. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo do suroeste.
En Compostela agardase un día que comezará nubrado e irá abrindo para deixar ceos despexados durante a tarde. Agárdanse precipitacións o sábado pola noite. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso moderado aínda que oscilarán e máximas en ascenso moderado. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.