As nubes matinais darán paso a ceos despexados
08:00 04/10/19
08:00 04/10/19
As temperaturas oscilarán entre os 13 e os 21 graos
O venres Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do oeste. Así, comezaremos o día con nubes baixas e néboas e co avance da xornada os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.
En canto a Compostela, seguirá a dinámica xeral da comunidade. O día comezará con nubes que darán paso a ceos despexados na capital galega. En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.