Comeza o prazo de inscrición para o Santiago(é)Tapas
Este venres, 4 de outubro, comeza o prazo de inscrición para a XII edición do Santiago(é)Tapas
Un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostelería Compostela, co apoio
da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou. Ademais, tamén se inicia o prazo de inscrición
da I edición do Santiago(é)cóctel, o concurso de cócteles de Santiago, organizado pola Asociación
Hostelería Compostela.
Poderán participar nestes concursos todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal
de Santiago que o desexen, sempre que estean en posesión das licencias oportunas. Deberán
rexistrarse para tal fin entre os días 4 e 20 de outubro (ambos incluídos) cubrindo a folla de inscrición
que se lles facilitará na Oficina Técnica do Concurso (rúa Salvadas, 29) ou no correo electrónico
info@santiagoetapas.com
A XII edición do Santiago(é)Tapas celebrarase do 14 de novembro ao 1 de decembro. Entre todas as
tapas participantes seleccionaranse dez finalistas que competirán na final prevista para os días 6, 7 e
8 de decembro. A I edición do Santiago(é)Cóctel celebrarase do 14 de novembro ao 1 de decembro.