miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello de Valga personarase na causa xudicial polo triplo crime machista

O Concello de Valga personarase na causa xudicial polo triplo crime machista
O Concello de Valga personarase na causa xudicial polo triplo crime machista

Segundo explicou o Concello, o obxectivo é "defender os intereses xerais" dos veciños desta localidade e, en particular, "da familia do tres mulleres asasinadas"


A corporación municipal de Valga (Pontevedra) aprobou por unanimidade a personación do Concello no proceso xudicial aberto tras o triplo crime machista ocorrido o pasado día 16 de setembro, que acabou coa vida de Sandra e Alba Boquete e María Elena Jamardo.

Diso informou este xoves o Consistorio nun comunicado, no que explica que o acordo se adoptou no pleno ordinario celebrado na tarde do mércores a proposta do equipo de goberno. Segundo explicou o Concello de Valga, o obxectivo é "defender os intereses xerais" dos veciños desta localidade e, en particular, "da familia do tres mulleres asasinadas".

Deste xeito, os servizos xurídicos do Consistorio solicitarán ante o Xulgado de Primeira Instancia de Caldas de Reis, encargado da instrución do caso, poder tomar parte no proceso en calidade de acusación pública exercendo a acción popular.

Comentarios
Lo más