Dous menores atropelados no Barco de Valdeorras e Vigo
Dous menores resultaron feridos a pasada tarde en senllos atropelos ocorridos nos termos municipais do Barco de Valdeorras e de Vigo
No primeiro deles, un neno foi arrollado por un turismo á altura da Avenida de Elena Quiroga, ao fío das 18:45 horas. Segundo puido saber o 112 Galica, o menor tivo que ser trasladado polos efectivos sanitarios a un centro médico.
Nada máis recibir o aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Policía Local e do GES de Valdeorras.
Ademais, outro menor precisou asistencia sanitaria ao ser atropelado na parroquia viguesa de Cabral, concretamente na rúa de Loureiro.
Ocorreu uns minutos antes das 19:00 horas e nada máis ter coñecemento do sucedido a través dunha persoa particular, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos Bombeiros de Vigo.