Unha fronte deixará chuvias débiles en Compostela
As temperaturas oscilarán entre os 13 e 17 graos
A situación meteorolóxica quedará marcada por unha situación intermedia entre altas e baixas presións; unha fronte pouco activa achegarase desde o noroeste nas horas centrais do día.
Deste xeito o ceo presentará moitas nubes na metade oeste, onde poderán producirse algunhas chuvias febles a partir do mediodía. No leste os ceos estarán máis abertos ao principio, cubríndose progresivamente co avance das horas.
As temperaturas non terán cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas no leste Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados no litoral e máis frouxos no interior.
En Compostela agardase nubosidade variable con chuvascos por la tarde. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso moderado, a pesar de que oscilarán.