miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ciencias da Educación aborda os múltiples escenarios da violencia en función do xénero

Ciencias da Educación aborda os múltiples escenarios da violencia en función do xénero
Ciencias da Educación aborda os múltiples escenarios da violencia en función do xénero

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos do Xénero impulsa dende este xoves 3 de outubro unhas xornadas sobre formación e igualdade

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos do Xénero (Cifex) impulsa este xoves 3 e o venres 4 de outubro as XI Xornadas de Formación e III Xornadas Internacionais ‘Educación, Xénero e Igualdade’. Este foro segue unha traxectoria iniciada hai xa máis de tres lustros e analiza, nesta edición, a problemática dos escenarios múltiples de violencia en función do xénero que se dan na prostitución, violencia sexual e trata de mulleres.

O acto inaugural das xornadas terá lugar este xoves ás 9.30 horas e estará presidido pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo. Na apertura, está prevista tamén a participación de Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia; Noa Díaz Varela, concelleira responsable de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas do Concello de Santiago de Compostela; Carmen Fernández Morante, decana da Facultade de Ciencias da Educación; e Rita Radl Philipp, directora do Cifex.

A cuestión da violencia extrema contra as mulleres é, tal e como afirman dende a organización das xornadas, “a gran secuela das sociedades actuais, nunha época onde esta violencia no canto de diminuír parece mesmo ir en aumento e o que preocupa aínda máis é a banalización de certas formas, absolutamente vinculadas a esta violencia extrema contra as mulleres que non se perciben como tales. Este é precisamente o caso da prostitución e, se cabe, especialmente a súa consideración por parte das/os mozos que a consideran unha forma máis de lecer”.

As xornadas están enfocadas cara a unha formación específica e científica na temática mediante a realización de diferentes actividades que requiren, á vez que permiten, unha participación activa das e os asistentes, sobre todo de profesionais e egresadas e egresados e do estudantado da USC. Estas xornadas están financiadas con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero  do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

Comentarios
Lo más