Aumentan en Galicia os fogares que chegan xustos a fin de mes
A Xunta destaca a caída ao "mínimo da serie histórica" da cifra de familias con "moita dificultade" para acabar o mes
O Instuto Galego de Estatística (IGE) publica este mércores un estudio do qeu se extrae que os fogares galegos que chegan con dificultade a fin de mes aumentaron en Galicia 9,28 puntos, ao pasar do 27,8% rexistrado no segundo trimestre do ano ao 37,1% neste últimos tres meses. O dato tamén é superior ao do mesmo período de 2018, cando o porcentaxe se situou no 31,3%.
Os datos publicados sinalan que, con respecto ao trimestre anterior, prodúcese unha diminución de 7,86 puntos na porcentaxe de familias que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes. En concreto, no terceiro trimestre de 2019 o 57,3% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, dato inferior ao rexistrado nos tres meses anteriores, cando alcanzou o 65,4%.
Con todo, baixan 1,42 puntos aqueles que chegan con moita dificultade a fin de mes, ata situarse no 5,2% no terceiro trimestre de 2019, fronte ao 6,64% rexistrado no tres meses anteriores.
Respecto diso, nun comunicado, a Consellería de Facenda destacou que esta caída ao 5,2% dos fogares galegos que chegan con moita dificultade supón "a menor cifra de toda a serie histórica" e un descenso de tres puntos respecto ao mesmo trimestre do ano anterior (8,6%).