miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aparece o corpo sen vida dun home no Río Limia, en Xinzo

Aparece o corpo sen vida dun home no Río Limia, en Xinzo
Aparece o corpo sen vida dun home no Río Limia, en Xinzo

O cadáver foi localizado ás 13:30 horas

Os servizos de emerxencias sacaron da auga o cadáver dun home que flotaba no Río Limia, en Xinzo. Polo momento, as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do falecemento do home cuxo corpo apareceu preto das pisicinas municipais.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o cadáver foi localizado ás 13:30 horas de hoxe polos axentes da Policía Local, que solicitaron medios e recursos para a súa recuperación. 

Deste xeito, acudiron os efectivos do parque de bombeiros de Xinzo de Limia e tamén os efectivos da Garda Civil co fin de poñer en claro as circunstancias que rodearon este suceso.


Comentarios
Lo más