miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece unha persona en Teo ao ser alcanzada polo tren

Falece unha persona en Teo ao ser alcanzada polo tren
Falece unha persona en Teo ao ser alcanzada polo tren

A causa desta situación, interrompeuse a circulación ferroviaria

Unha persoa faleceu en Teo despois de ser alcanzada por un tren á altura da Estación de Osebe.  A causa desta situación, interrompeuse a circulación ferroviaria ata que, pouco a pouco, puidéronse habilitar pasos alternativos pola vía contigua.

Mentres, os axentes da Policía Local e da Garda Civil tratan de averiguar as circunstancias deste suceso, que tivo lugar ás 15:40 horas de hoxe, tal e como indicou unha persoa particular que contactou co 112 Galicia.Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvar a vida da persoa.

Ademais, como consecuencia desta situación, o tráfico ferroviario resultou afectado por algúns cortes e retrasos, ata que puido ser habilitado un paso alternativo pola vía contigua. Ás 18:30 horas de hoxe, o tráfico quedaba completamente restablecido.

Según algún testigo que viaxaba MP tren, sentieron un forte impacto que incluso provocou a rotura dunha ventana. Fuentes de Renfe apuntan que o tren de media distancia salira de A Coruña a las 15:00h con hora prevista de chegada a Vigo as 16:20  con 250 pasaxeiros no seu interior.


Comentarios
Lo más