miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dous choques cun poste e un farol na madrugada do luns

Dous choques cun poste e un farol na madrugada do luns
Dous choques cun poste e un farol na madrugada do luns

Os accidentes ocorreron en Cerceda e Culleredo

Os servizos de emerxencias interviñeron esta mañá na excarceración dunha persoa que viaxaba nun turismo que rematou envorcado despois de chocar contra un muro e tirar un poste da luz en Cerceda. O sinistro produciuse na estrada que une A Silva e Santa Comba no lugar da Abeleira, uns minutos despois das 7:30 horas.

Ata o lugar desprazáronse os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ordes, os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal da empresa subministradora de electricidade. Tamén, os xestores do 112 Galicia informaron do ocorrido á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e á Policía Local.

Choque contra un farol

Por outra banda, en Culleredo, unha persoa que conducía un turismo resultou ferida ao bater o vehículo no que circulaba contra un farol do alumeado público, que finalizou no chan. Ocorreu no lugar de Acea de Ama,  ao fío das 4:20 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou do accidente ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos Bombeiros de Arteixo.

Deste xeito, unha vez no lugar, os efectivos sanitarios atenderon á persoa ferida e os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arteixo retiraron da vía o farol.



Comentarios
Lo más