jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Un anticiclón chega a Compostela

Un anticiclón chega a Compostela
Un anticiclón chega a Compostela

As temperaturas irán dos 17 aos 21 graos

Durante esta xornada Galicia atoparase nunha influencia anticiclónica transitoria, agardando unha fronte que chegará na noite do luns ó martes. 

Con esta situación, teremos nubes baixas e néboas a primeira hora con chuvias febles no oeste da Coruña, que tenderán a desaparecer a medida que avancen as horas, quedando o ceo moi despexado pola tarde. Xa pola noite comezarán as precipitacións polo noroeste da Comunidade.

 As temperaturas experimentarán un ascenso, entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán do sudoeste, moderados en xeral, con intervalos fortes no extremo norte.

En Compostela haberá posibilidade de chuvias nas primeiras e últimas horas do día predominando os ceos despexados no resto da xornada. As temperaturas irán dos 17 aos 21 graos.

Comentarios
Lo más