A cultura urbana invade o paseo marítimo de Noia
Vella Escola celebra o seu décimo aniversario cunha gran exhibición de cultura urbana no paseo marítimo de Noia
O paseo marítimo de Noia acolle este sábado a celebración do décimo aniversario Vella Escola cunha exihibición de cultura urbana que visitaron esta mañá a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, e o concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez
Unha iniciativa financiada pola Dirección Xeral de Xuventude e na que colabora o Concello de Noia para amosar o seu apoio a un crecente sector da mocidade que practica estas disciplinas urbanas en distintos ámbitos: arte, música, deporte...
Así, ata as 2:00 da madrugada do domingo, no paseo de Labarta haberá exhibicións de graffiti car (pintado de coche), freestyle football, Flatland BMX, Roller e Scooter. Tamén haberá dous campionatos: Parkour Speed Contest e Batalla de Galos (cuxo primeiro premio será a produción de dúas bases musicais por Wax-Cultura DJ). Así mesmo, haberá un tobogán acuático de 25 metros para a práctica de skimboard e un gran peche de festa cunha Sound System Session por Maislume Kolektive, precedidos de sesións a cargo de DJ Koo (Xixón), Mr Fishman (Lugo), Ayman (Santiago) e Wave-Live Looping (Málaga).
Durante toda a xornada haberá exhibicións de breakdance, graffiti, parkour, beatbox, skate, rap, turntablism, roller, BMX, Scooter, Slackline, Street Workout, Freestyle Football e Skimboar.