miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nueva centenaria en Compostela

Nueva centenaria en Compostela
Nueva centenaria en Compostela

Florentina Couto Bragaña, unha veciña de Boqueixón residente na Residencia Volta do Castro, celebrou hoxe o seu centenario

Chegar ata os 100 anos é toda unha fazaña e motivo de celebración. Así, este sábado na Residencia Volta do Castro festexouse o centenario dunha das súas residentes Florentina Couto Bragaña .

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado pola xefa territorial de Política Social, María Aller, e pola directora da Residencia Volta do Castro, Pilar Herrero, felicitou está mañá a muller centernaria, unha veciña de Boqueixón residente no centro.

O representante do Goberno Autonómico estivo acompañado polos familiares, amigos e polo equipo da residencia Volta do Castro na que reside dende o falecemento do seu marido. Ovidio fixo entrega dun ramo de flores á homenaxeada en nome de todos os asistentes e posteriormente tivo lugar a actuación do grupo de pandereteiras de Codeso.



Comentarios
Lo más