miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un total de catro persoas resultaron feridas nun choque de 3 vehículos en Redondela

Un total de catro persoas resultaron feridas nun choque de 3 vehículos en Redondela
Un total de catro persoas resultaron feridas nun choque de 3 vehículos en Redondela

Un total de tres vehículos colidiron en cadea cando circulaban pola AP-9, á altura do concello pontevedrés de Redondela


Un total de tres vehículos colidiron en cadea cando circulaban pola AP-9, á altura do concello pontevedrés de Redondela, en sentido Cangas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, catro persoas resultaron feridas na colisión sendo necesario o seu trasladado polos efectivos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Foron varios os condutores que á unha desta tarde contactaron co 112 Galicia para alertar dunha colisión múltiple ao paso pola parroquia de San Vicente de Trasmañó, xusto antes da Ponte de Rande, en dirección a Cangas. Indicaban, ademais, que no seu interior, posiblemente, habería persoas feridas.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pediron a colaboración dos profesionais sanitarios e dos membros do Servizo de Emerxencias e Incendios de Redondela. Así mesmo, informouse do sucedido a Policía Local e Protección Civil da localidade.

Para poder restablecer as condicións de seguridade o antes posible, desde o 112 Galicia tamén se solicitou a intervención do persoal de limpeza e mantemento da autoestrada e dos axentes.

Comentarios
Lo más