jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O Cicuito Plaza 3x3 Caixabank de Baloncesto elixe Compostela

O Cicuito Plaza 3x3 Caixabank de Baloncesto elixe Compostela
O Cicuito Plaza 3x3 Caixabank de Baloncesto elixe Compostela

A praza do Obradoiro converterase, o vindeiro 5 de outubro, en toda unha festa do Baloncesto coa parada deste circuíto 3x3 que organiza a Federación Española de Baloncesto


O Circuíto “Plaza 3x3 Caixabank” chega a Santiago de Compostela. A praza do Obradoiro converterase, o vindeiro 5 de outubro, en toda unha festa do Baloncesto coa parada deste circuíto 3x3 que organiza a Federación Española de Baloncesto co patrocinio de Caixabank e a colaboración, neste caso, da Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago.

 A compostelá praza do Obradoiro materializarase o próximo sábado, 5 de outubro, no mellor escenario posible para desfrutar do baloncesto no seu formato 3x3. Dende as 09.30 h da mañá, e ata ás 19.30 h, equipos chegados de toda Galicia, e de diferentes rangos de idade, serán os protagonistas das catro pistas de Baloncesto que cubrirán a praza, sendo as Pistas “Caixabank” e “Universo Mujer” o punto central do circuíto.

Na Pista “CaixaBank” celebraranse as finais do campionato, tanto en categoría masculina como feminina. Pola súa banda, na Pista “Universo Mujer”, proxecto liderado por la FEB xunto co CSD e apoiado por CaixaBank para a posta en valor do papel da muller na sociedade a través dos valores que desprenden as deportistas, terán lugar os partidos de categoría feminina e diversos concursos.

Inscrición

A participación neste Circuíto “Plaza 3x3 Caixabank” será completamente gratuíta e aberta á participación de equipos de categorías de preminibasket ata Sénior, tanto masculinos como femininos.  A inscrición dos equipos poderá realizarse ata o próximo 3 de outubro e debe tramitarse vía web na ligazón oficial:  http://3x3.feb.es/inscripcion/

Baloncesto para todos

O Circuíto “Praza 3x3 Caixabank” traerá consigo tamén ata o epicentro compostelán zonas lúdicas e moitas máis sorpresas tanto para os deportistas como para o público. Así mesmo, todos os participantes recibirán un agasallo e os finalistas a súa correspondente medalla.


Comentarios
Lo más