Noia inicia as obras de mellora da accesibilidade á igrexa de San Martiño
De acordo coas indicacións da Dirección Xeral de Patrimonio, instala unha rampla de acceso desmontable e plenamente reversible, adaptada para persoas con mobilidade reducida pero respectando os materiais e sistemas construtivos da igrexa
As obras de mellora da accesibilidades Igrexa parroquial de San Martiño comezaron .O Concello de Noia comezou os traballos de acordo co proxecto aprobadoen novembro de 2018 pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e co informe favorable daSubcomisión de Conservación do Patrimonio Histórico, Artístico e Documental da Igrexa Católica en Galicia.
O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “o proxecto ten por obxecto dar resposta á necesidade, cada vez máis ineludible, de dotar á igrexa de San Martiño dunha entrada adaptada para persoas con mobilidade reducida”. As obras consisten na instalación dunha rampla de acceso na porta lateral (a da praza da Constitución), xa que este é o acceso máis habitual e a entrada con menos desnivel con respecto á vía pública.
Ademais, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural salienta que a escalinata escollida non é orixinaria da igrexa, senón que é froito das sucesivas reformas que sufriu no último século. Aínda así, a rampla de acceso é desmontable e plenamente reversible, adaptada para persoas con mobilidade reducida pero respectando os materiais e sistemas construtivos actuais da igrexa. Por iso, as pezas autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio son de pedra (granito silvestre de gran fino), apoiadas sobre tacos de neopreno ocultos baixo elas para que as pedras non teñan contacto directo co pavimento existente.
A cota entre o pavimento exterior e o da nova plataforma resólvese cunha peza especialmente deseñada para permitir a visibilidade da base das columnas da igrexa, para o cal hoxe retirouse o último chanzo da escalinata instalada a mediados do século pasado.