jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Noia limpa a fondo as rúas do seu casco histórico

Noia limpa a fondo as rúas do seu casco histórico
Noia limpa a fondo as rúas do seu casco histórico

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “a limpeza das rúas do casco histórico continuarán ao longo desta semana"

 Concello de Noia está a acometer esta semana unha limpeza a fondo das rúas do casco histórico da vila cun vehículo especial de auga a presión. Esta limpeza con auga a alta presión e desinfectante permite eliminar terra, graxas, aceites e resinas presentes na zona, dándolle un mellor aspecto e eliminando os xérmenes. 

O concelleiro de Obras, Martín Fernández Godón, explica que “a limpeza das rúas do casco histórico continuarán ao longo desta semana e despois actuaremos noutras rúas da vila ao longo da próxima semana”. Estas tarefas son continuación da limpeza a fondo realizada na Alameda de Noia durante a semana pasada.

Comentarios
Lo más