jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Uns 3.325 conductores foron controlados pola Policía Local na campaña especial da DXT

Uns 3.325 conductores foron controlados pola Policía Local na campaña especial da DXT
Uns 3.325 conductores foron controlados pola Policía Local na campaña especial da DXT


Os tipos de accidente máis frecuentes debido á distracción son a saída da vía, choque co vehículo precedente ou atropelo


A Policía Local participou entre o 16 e o 22 de setembro nunha nova campaña especial de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, desta vez centrada nas distraccións na condución. Os axentes controlaron 3.326 vehículos, cun total de 15 denuncias, o que supón o 2,22% do total de automóbiles inspeccionados.

Dos 15 condutores e condutoras denunciados, 14 fórono polo uso do teléfono móbil, e outro pola utilización de auriculares conectados a un aparato reprodutor diferente ao teléfono.

RISCO MULTIPLICADO POR CATRO

No ano 2018, tal como indica a DXT, a distracción apareceu como factor concorrente nun 32% dos accidentes con vítimas mortais, cuxa causa foi unha distracción ao volante, principalmente polo uso indebido de teléfonos móbiles, navegadores GPS ou outros dispositivos. Por exemplo, o uso do teléfono móbil multiplica por catro o risco de accidente, equiparándoo ao de facelo baixo os efectos do alcohol.

Canto maior é a velocidade do vehículo, menor marxe de reacción ten o condutor fronte aos imprevistos e máis conveniente resulta que se concentre totalmente na tarefa de conducir e trate de evitar as posibles distraccións. Velocidade e distracción convértense así nun binomio que aumenta moi significativamente os niveis de risco durante a condución.

Os tipos de accidente máis frecuentes debido á distracción son a saída da vía, choque co vehículo precedente ou atropelo.

Hai estudios que indican que o uso do teléfono móbil convencional durante a condución aumenta de catro a seis veces o risco de colisión respecto ao risco en condicións normais de condución. Marcar un número de teléfono móbil, responder a unha chamada telefónica, ler ou contestar un whatsapp, acender un cigarro, axustar a radio ou o reprodutor de CD mentres se conduce, supón apartar a vista da estrada durante un tempo, período no que o vehículo circula sen control e poden xurdir circunstancias que provoquen un grave accidente.

Dentro das causas máis frecuentes de distracción, ademais das relacionadas co teléfono móbil, figuran tamén circular baixo os efectos do alcohol; mirar ou ler ao conducir un diario, un mapa, etc.; levar nenos/as alborotando ou chorando, tratar de expulsar un insecto do coche; fumar ao volante ou utilizar indebidamente os sistemas de navegación ou GPS.

Tamén hai outros factores relacionados directamente co condutor que favorecen as distraccións, como a fatiga e a somnolencia; o estrés, a ansiedade ou a depresión; a idade avanzada; o consumo de alcohol ou certas características de personalidade.

Comentarios
Lo más