jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Morre unha persoa tras envorcar o seu tractor en Vila de Cruces

Morre unha persoa tras envorcar o seu tractor en Vila de Cruces
Morre unha persoa tras envorcar o seu tractor en Vila de Cruces

A alerta sobre este suceso recibiuse no 112 Galicia ao fío das 13:30 horas mediante un aviso do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Unha persoa faleceu esta tarde tras envorcar o tractor que dirixía polo estrada de Arbian a Combarro, no concello pontevedrés de Vila de Cruces.

Como consecuencia do envorco, a vítima quedou atrapada baixo o vehículo, polo que foi preciso a intervención dos bombeiros da cidade para liberala.

A alerta sobre este suceso recibiuse no 112 Galicia ao fío das 13:30 horas mediante un aviso do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaba ao helicóptero medicalizado con base en Santiago ao lugar de Santa María de Piloño para atender a un home posiblemente atrapado a causa da envorcadura dun tractor. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia informou aos Bombeiros do Deza para poder liberar á vítima.

Aínda con todo, e pese aos esforzos dos servizos sanitarios, nada puideron facer por salvar a vida da persoa.

Cos equipos de emerxencias colaboraron os voluntarios de Protección Civil da localidade e tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, que tratan de recoller toda a información sobre o suceso.

Comentarios
Lo más